Vigo lidera a súa Transformación Dixital
Programa Xeración Dixital PEMES 100% financiado
- Para pemes de 10 a 249 empregados
- Personalizado, práctico e impartido por expertos dixitais
- Valor total : 13.995€ GRATUÍTO!
Universitarios de Galicia
Formación para directivos e responsables de equipos de pemes
Máximo dúas persoas por empresa
Axuda a transformar a túa empresa para competir na era dixital. Xeración Dixital Pemes é unha innovadora e ambiciosa iniciativa de formación gratuíta posta en marcha pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), co obxectivo de lograr a transformación dixital definitiva das pemes españolas mediante a capacitación dos seus equipos directivos.
Programa
Áreas de desenvolvemento
Coñecerás o contexto dixital no que xa se está a mover o novo modelo de negocio. Comprenderás a importancia da transformación dixital na empresa e o impacto nela da sustentabilidade e a economía dixital. Saberás como abordala cun plan baseado no diagnóstico e a estratexia.
Entenderás como son os novos clientes da era dixital, como atraelos e como incrementar o seu número. Tamén aprenderás como fidelizalos e optimizar a súa experiencia en cada proceso da súa relación coa empresa: desde o proceso de adquirir información e tomar unha decisión até o de compra e entrega e na posventa.
Descubrirás as principais ferramentas tecnolóxicas para coñecer mellor aos teus clientes e mellorar a súa experiencia: analítica dixital, big data, machine learning, intelixencia artificial, ERP, CRM… Tamén coñecerás outras tecnoloxías dirixidas a automatizar os procesos empresariais en distintas áreas (finanzas, fabricación, venda, recursos humanos, operacións) para mellorar a competitividade da túa peme.
Saberás que facer e como actuar na túa peme e coas persoas que a integran para expandir o cambio cara á cultura dixital, e aprenderás metodoloxías de traballo innovadoras, colaborativas e áxiles para favorecer a transformación.
Coñecerás de primeira man as experiencias e resultados de empresas de distintos sectores de actividade que xa deron o salto e incorporaron a transformación dixital aos seus procesos e o seu día a día.
Plan formativo
Desenvolve as túas competencias dixitais
12 semanas de duración
Con 5 módulos con contido formativo adaptado ás necesidades das empresas
150 horas de formación
Con profesorado con experiencia no ecosistema dixital e cunha metodoloxía práctica
75% do contido online
E 25% presencial, con flexibilidade para a realización das sesións de formación
10 horas de tutorías
Seguimento 100% personalizado e estudo de casos de éxito en distintos sectores
Un equipo profesional e con experiencia
Roberto Fraga
Director do Programa
Roberto Fraga é actualmente CEO de Pilgrim Travel -unha empresa especializada na xestión de servizos e experiencias no Camiño de Santiago- e presidente de Inturseo, actividade que compaxina co seu labor docente en CESUGA, a dirección do Máster de Mercadotecnia e Estratexia Dixital de EF Business School, a investigación e a mentoría de proxectos tecnolóxicos e dixitais nas principais aceleradoras mundiais de startups.
Un programa financiado con fondos Next Generation UE e coordinado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Os teus partners para desenvolver o teu ADN dixital
Xeración Dixital Pemes é unha oportunidade única para eliminar a fenda dixital nas empresas a través dunha formación de calidade. CESUGA, con máis de 25 anos de experiencia no mundo académico, e EFBS, que forma e mentoriza a profesionais directivos e que foi catalogada por FORBES como unha do dez mellores escolas de negocio de España e a mellor do noroeste español, son os partrners principais para este plan en Galicia, País Vasco e Asturias